Partido Republicano

De Wikimerda

O Partido Republicano é o principal partido político nos Estados Unidos e probablemente o partido político máis importante do mundo.

Os seus membros son recoñecidos internacionalmente polo seu amor pola paz e harmonía entre as persoas, sempre loitando pola causa do pobo republicano. Como o seu rival en Estados Unidos é o Partido Demócrata, podemos dicir que para alcanzar os seus obxectivos altruísticos a nivel planetario o que os republicanos quere facer é derrocar ás democracias de todo o mundo.

Nos Estados Unidos, os seus membros son coñecidos pola súa honestidade, integridade e respecto aos valores da familia. Os republicanos están tan dedicados á causa da familia, que varios deles teñen dúas ou incluso tres familias diferentes.